Cantigas de Santa María: 257

De Wikisource, la biblioteca libre.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

 Cantiga 257
Cantigas de Santa María Alfonso X el Sabio


Como Santa Maria guardou sas relicas que se non danassen
entr' outras, muitas que se danaron.
  
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.
  
Desto direi un miragre grand' a maravilla,
que al Rey Don Affonsso avẽo. En Sevilla
foi guardar relicas da Madre de Deus e Filla
e de santos; e direi com', e Deus y m' ajude.
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.
  
As relicas eran muitas de Santa Maria
e de santos e de santas, por que Deus fazia
miragres; e el Rei ensserró-as aquel dia
e foi-ss' end', e nonas mandou catar amyude.
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.
  
Foi-ss' el Rey pera Castela u morou dez anos;
e pois vẽo a Sevilla, achou grandes danos
nas relicas, pero siian envoltas en panos;
mas a Virgen preciosa ao seu recude.
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.
  
Toda-las outras relicas achou mal danadas
e as arcas en que seyan mal desbaratadas;
mais as de Santa Maria eran ben guardadas,
ca o dano das sas cousas mui ben se sacude.
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.
  
Quand' aquesto viu el Rey Don Affonsso, loores
deu grandes a Jhesu-Cristo, Sennor dos sennores;
e ouve des i da Virgen tan grandes amores,
que cuido que o coraçon nunca ende mude.
Ben guarda Santa Maria pola sa vertude
sas relicas per que muitos receben saude.


<<<
>>>