Cantigas de Santa María: 169

De Wikisource, la biblioteca libre.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

 Cantiga 169
Cantigas de Santa María Alfonso X el Sabio



Esta é dun miragre que fezo Santa Maria por hũa sa eigreja que é ena Arreixaca de Murça, de como foron mouros acordados de a destroir e nunca o acabaron.

A que por nos salvar
fezo Deus Madr' e Filla,
se sse de nos onrrar
quer non é maravilla.
 
E daquest' un miragre direi grande, que vi
des que mi Deus deu Murça, e oý outrossi
dizer a muitos mouros que moravan ant' y
e tĩian a terra por nossa pecadilla,

A que por nos salvar...
 
Dũa eigrej' antiga, de que sempr' acordar
s' yan, que ali fora da Reỹa sen par
dentro na Arreixaca, e yan y orar
genoeses, pisãos e outros de Cezilla.

A que por nos salvar...
 
E davan sas ofertas, e se de coraçon
aa Virgen rogavan, logo sa oraçon
deles era oyda, e sempre d' oqueijon
e de mal os guardava; ca o que ela filla

A que por nos salvar...
 
Por guardar, é guardado. E porende poder
non ouveron os mouros per ren de mal fazer
en aquel logar santo, nen de o en toller,
macar que xo, tĩian ensserrad' en sa pilla.

A que por nos salvar...
 
E pero muitas vezes me rogavan poren
que o fazer mandasse, mostrando-mi que ben
era que o fezesse, depois per nulla ren,
macar llo acordaron, non valeu hũa billa.

A que por nos salvar...
 
E depois a gran tempo avo outra vez,
quand' el Rei d' Aragon, Don James de gran prez,
a eigreja da See da gran mezquita fez,
quando ss' alçaron mouros des Murç' ata Sevilla;

A que por nos salvar...
 
Que enton a Aljama lle vẽeron pedir
que aquela eigreja fezessen destroir
que n' Arraixaca era; e macar consentir
o foi el, non poderon nen tanger en cravilla.

A que por nos salvar...
 
Depo[i]s aquest' avẽo, que fui a Murça eu,
e o mais d' Arreixaca a Aljama mi deu
que tolless' a eigreja d' ontr' eles; mas mui greu
me foi, pa era toda de novo pintadilla.

A que por nos salvar...
 
Poren muit' a envidos enton llo outorguei,
e toda a Aljama foi ao mouro rei
que o fazer mandasse; mas diss' el: «Non farei,
ca os que Mariame desama, mal os trilla.

A que por nos salvar...
 
Depois, quand' Aboyuçaf, o sennor de Çalé,
passou con mui gran gente, aquesto verdad' é
que cuidaron os mouros, por eixalçar ssa fe,
gãar Murça per arte. Mais sa falss' armadilla

A que por nos salvar...
 
Desfez a Virgen santa, que os ende sacou,
que ena Arraixaca poucos deles leixou;
e a sua eigreja assi deles livrou,
ca os que mal quer ela, ben assi os eixilla.

A que por nos salvar...
 
E porend' a eigreja sua quita é ja,
que nunca Mafomete poder y averá;
ca a conquereu ela e demais conquerrá
Espanna e Marrocos, e Ceta e Arcilla.

A que por nos salvar...